22 de setembro de 2015

Setembro 2015: "Como analizar críticamente as vacinas"


Xa podemos anunciar ao grande o comezo da nova tempada de Escépticos no Pub Compostela. Hai moitos cambios. O principal é que o lugar das charlas pasa a ser o "Airas Nunes" de Compostela (na rúa do Vilar, 17 ).

O primeiro invitado será o médico Vicente Baos, un dos principais impulsores da campaña #NoSinEvidencia, que nos falará de como analizar críticamente as vacinas e da súa importancia capital na prevención das enfermidades infecciosas.

Vicente Baos é médico de familia no Centro de Saúde de Collado Villalba Poboo (Madrid). É membro da rede de expertos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e da European Medicines Agency. Na rede edita o blogue El Supositorio e é membro do Círculo Escéptico

Nesta ligazón están a lista de expertos españois da EMA e pódese visualizar o seu CV e conflito de intereses: http://bit.ly/1NSwM0O

¡Non faltes! Este venres 25 de setembro no "Airas Nunes" de Compostela ás 21:00. Entrada libre.


Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



As nosas redes

YouTUbe