7 de decembro de 2018

Decembro 2018: «O transporte do futuro, vaia engano?»

Ollo! Este mes adiantamos a charla e cambiamos o noso horario habitual polo venres 14 ás 17:00. Apúntao no calendario ou na túa axenda!

Falaremos do transporte do futuro. Prometéronnos coches voadores e todo o que temos é Facebook, pero o futuro do transporte prevese interesante —desde coches que se conducen sós ata cápsulas por tubos ao baleiro ou mesmo foguetes suborbitais para chegar a calquera lugar do planeta en menos de dúas horas. Porén, non todo o que se conta nos medios de comunicación desexosos de clics, likes e retuits está baseado en realidades técnicas. Dedicámoslle unha mirada escéptica?

O relator será Iván Rivera. É enxeñeiro de telecomunicacións con dezasete anos de experiencia en diferentes empresas do sector do transporte ferroviario; na actualidade é Director de Innovación en TELICE, S.A. Mantén un blog persoal desde 2007 e participa na plataforma de divulgación científica Naukas desde 2012 con artigos e charlas sobre transporte, enxeñería, espazo e en xeral calquera tema que chame a súa atención.

Vémonos o venres 14 de decembro ás 17:00 no Airas Nunes Café de Compostela.



Ler máis...
27 de novembro de 2018

Novembro 2018: «Escépticos ante o cánnabis»

Este mes a charla é sobre un tema moi interesante e que adoita xerar polémica...

Sobre o cánnabis se teñen construído unha pléiade de mitos, moitos deles intencionados. A publicidade cannábica alega propiedades que poría corado a calquera seudoterapia. Nesta chala coñeceremos como se foi modificando a planta nas últimas décadas, os efectos do THC no sistema nervioso, os usos terapéuticos, os tipos de consumo ou a prevención baseada na evidencia.

O relator será Manuel Isorna, doutor en psicoloxía, técnico de prevención de condutas aditivas do Concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo.

Vémonos este 30 de novembro ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!


Ler máis...
22 de outubro de 2018

Outubro 2018: «Que é un escéptico e que pinta nun pub?»

Tras seis anos de Escépticos no Pub Compostela, chegou o momento de facer un alto no camiño para reflexionar co noso público. Que é isto do escepticismo? Estes «escépticos», gozan amolando a xente que ten ideas orixinais? Son uns listos que buscan notoriedade? Teñen algún obxectivo? Se é así, lograron algún? Que vén despois? Que preguntas deberíanse expor aos escépticos? Utilizan as mellores ferramentas para informar? Ningunha destas preguntas nin as que traiades vós será contestada completamente, porque non estamos en posesión da verdade, pero animámosvos a asistir e a participar para que entre todos aprendamos algo máis.

O noso convidado é Manuel F. Herrador. É doutor enxeñeiro de camiños e exerce como profesor e investigador da área de Enxeñería da Construción da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade dá Coruña. É vicepresidente do Círculo Escéptico e membro da Asociación para a Protección do Paciente de Terapias Pseudocientíficas (APETP) e da Asociación Galega de Comunicadores de Cultura Científica e Tecnolóxica (DivulgACCIÓN), desde onde contribúe á promoción do pensamento crítico como ferramenta fundamental para a toma de decisións na sociedade actual.


Vémonos o venres 26 de outubro ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!
Ler máis...
17 de setembro de 2018

Setembro 2018: "Dous días de outubro. Que aprendemos sobre incendios forestais en 2017"

Chega setembro e comezamos un novo curso de charlas!

A primeira versará sobre un tema moi importante en Galicia: os incendios forestais. Fai algo menos dun ano, en outubro de 2017, varios incendios asolaron Galicia, afectando de maneira especial ás provincias de Ourense e Pontevedra. Na nosa primeira charla deste curso reflexionaremos sobre aqueles días e que podemos aprender daquela catástrofe.

O noso relator é Juan Picos Martín (Madrid, 1971), enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1996) e doutor pola Universidade de Vigo (2004). Entre outros moitos cargos é director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, profesor contratado doutor do Departamento Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, Decano Autonómico do Colexio de Enxeñeiros de Montes ou Membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Ciencias Forestais.

«Dous días de outubro. Que aprendemos sobre incendios forestais en 2017»

Vémonos o venres 28 de setembro no Airas Nunes Café de Compostela!



Ler máis...
15 de maio de 2018

Maio 2018: "Desmontando mitos sobre a sexualidade humana"


Chega xa a última charla deste curso!

O contido da charla vai dirixido a desmontar, sempre desde a rigorosidade, a experiencia clínica e o sentido do humor, os mitos, falsas crenzas e prexuízos que prexudican tanto a comprensión da sexualidade como a súa vivencia. Ideas tales como que o tamaño importa, que existen diferentes tipos de orgasmo e que a Viagra feminina é a solución a todos os problemas da falta de desexo feminino, serán derrubadas nesta charla.

A nosa relatora será Laura Morán. É psicóloga por vocación, sexóloga e terapeuta familiar e de parella por convicción. Tras licenciarse en Psicoloxía na Universidade de Deusto, especializouse en Terapia Familiar e de Parella. Posteriormente formouse en Sexoloxía ao comprobar na súa práctica profesional a cantidade de dificultades individuais e de parella que teñen que ver coa sexualidade humana. Exerce a psicoterapia con adolescentes, adultos, parellas e familias, á vez que divulga e imparte talleres de diversas temáticas. Ademais ten un blog e podes seguila en Twitter.


Vémonos o venres 25 de maio ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!

Ler máis...
15 de abril de 2018

Abril 2018: "Vítimas silenciosas ao desamparo legal. #StopPseudoterapias"

Este mes temos dobre sesión de Escépticos no Pub. O venres 27 a nosa convidada será Elena Campos, presidenta da Asociación para Protexer ao Enfermo de Terapias Pseudocientíficas, e investigadora postdoutoral no CBM CSIC.

As pseudoterapias matan pero as súas vítimas non se consideran tales. Falaremos de casos manifestos de vítimas de pseudoterapias e valoraremos a última sentenza do caso Mario Rodríguez, entre outras. Comentaremos a manipulación psicolóxica que sofren as vítimas, polo menos de tipo coercitivo. Discutiremos algúns artigos clave relacionados coas pseudoterapias no noso ordenamento xurídico e legal. E ao fin debateremos se en realidade non se trata tanto dun problema de falta de lexislación, como de falta de aplicación ou permisividade desde os diferentes ámbitos competentes.


Non faltes! Vémonos o venres 27 de abril ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!
Ler máis...
6 de abril de 2018

Abril 2018: "Como non analizar a actualidade internacional"

Hoxe venres 6 de abril ás 21:00 temos charla extraordinaria de Escépticos no Pub Compostela. Estará connosco o escritor e analista de política internacional Miguel Anxo Murado.

É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. É máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.

En 1983 comeza a súa carreira como escritor coa obra Metamorfosis benezianas seguida por Bestiario dos descontentos, Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003), O soño da febre (2007) ou Fin de século en Palestina (2008), entre outras moitas.

Adícase ao xornalismo traballando en numerosos medios. Destaca o seu traballo como correspondente de guerra nos Balcáns.


Vémonos hoxe no Airas Nunes Café de Compostela ás 21:00!

Ler máis...
14 de febreiro de 2018

Febreiro 2018: "Paradoxos, miraxes e amizades perigosas"

Sen dúbida a aparición da Internet e as redes sociais virtuais cambiaron radicalmente a vida de case todos. Na maioría dos aspectos para ben e nalgún que outro non tanto. Do que non hai dúbida é de que o uso destas novas formas de comunicación humana proporciónannos unha cantidade inxente de datos, a pegada dixital, que nos permiten analizar comportamentos sociais que antes só intuíanse. Imos analizar un pouco que podemos coñecer a partir destes datos e alertar de que ser fieis seguidores de segundo que elementos poden custarnos moi caro. Ás veces, a propia saúde e/ou a vida.



Clara Grima (Sevilla, 1971) ‏é doutora en Matemáticas e profesora titular do Departamento de Matemática Aplicada I da Universidade de Sevilla. Membro do grupo de investigación en Matemática Discreta e coautora, xunto a Alberto Márquez, do libro Computational Geometry  on  Surfaces (Ed. Springer, 2001). Desde 2010 é autora, xunto á ilustradora Raquel García Ulldemolins, do blog Mati y sus mateaventuras, galardoado co premio Bitácoras ao mellor blog de educación 2011, o premio 20Blogs ao mellor blog en fala hispana 2012 e o premio Prismas á mellor web de divulgación científica de 2013. Devandito blog foi o xerme do libro Hasta el infinito y más allá (Ed. Espasa, 2013). Escribe en Jot Down, CienciaXplora e Naukas; era colaboradora do programa Órbita Laika (TVE) e, actualmente, é unha das autoras do podcast cultural Los 3 chanchitos, galardoado co Premio Bitácoras 2016 ao mellor podcast. Como divulgadora foi galardoada co Premio COSCE á Difusión da Ciencia 2017.

Preside a comisión de divulgación da Real Sociedade Matemática Española desde 2016. Entre outros libros de divulgación acaba de publicar (con Enrique F. Borja) Las matemáticas vigilan tu salud, sobre modelos de epidemias, vacinas e a desinformación que provocou o nacemento do movemento  antivacinas.

Está fincada en ensinarnos matemáticas ao seu estilo e pasalo moi ben no intento. Ou iso semella...

Vémonos o venres 23 de febreiro ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!
Ler máis...
19 de xaneiro de 2018

Xaneiro 2018: "Facer ciencia nun búnker? Arqueoloxía da guerra civil para escépticos"

Comezamos novo ano en Escépticos no Pub. Na primeira charla de 2018 exporemos unha serie de microhistorias arqueolóxicas sobre a Guerra Civil Española a partir da nosa experiencia dos últimos anos en escavacións de escenarios do conflito. A partir de obxectos humildes e anónimos do cerco feixista de Madrid, da batalla de Belchite, dos combates en Euskadi e Asturias, da batalla do Ebro ou da loita guerrilleira na Galicia da posguerra procuramos desartellar os dicursos inocentes que conciben a ciencia como algo aséptico, obxectivo e neutral. A través dos restos materiais tentaremos amosar o (nefasto) papel da ciencia, a tecnoloxía e a innovación en tempos de guerra. Pero, pola súa vez, tamén ofreceremos a súa cara máis amable, a dunha ciencia ao servizo dunha cidadanía que procura recuperar a memoria dese pasado traumático como ferramenta de futuro.



O noso relator é Xurxo M. Ayán Vila (Lugo, 1976), licenciado en Historia con Premio Extraordinario pola USC. Doutor na mesma universidade cunha tese sobre a arquitectura doméstica dos castros, merecedora do premio Cultura da Deputación de Pontevedra á mellor tese en Humanidades (2012). Foi investigador predoutoral no INCIPIT (CSIC) e investigador postdoutoral Juan de la Cierva no GPAC da Universidade do País Vasco (2014-2017). Especializado en Arqueoloxía Pública e Arqueoloxía do Pasado Contemporáneo, ten publicado en revistas internacionais de impacto como Archaeologies, World Archaeology ou Journal of Contemporary Archaeology. Estivo de estancia como investigador convidado no Instituto Arqueolóxico de Budapest (Academia das Ciencias de Hungría) e na Universidade de Binghamton (NY, USA). Os seus últimos libros son Herdeiros pola Forza (2012, en coautoría con Manuel Gago), e Altamira vista por los españoles (2015). Actualmente dirixe os proxectos "Recuperación e posta en valor do castro de San Lourenzo" (A Pobra do Brollón, Lugo) (desde 2016) e codirixe os proxectos "International Brigades Project" (desde 2014) e "Arqueoloxía da guerra civil e socialización do patrimonio no monte de San Pedro (Amurrio, Araba)" (desde 2016).

Máis información: http://guerraenlauniversidad.blogspot.com.es/

Vémonos o venres 26 de xaneiro ás 21:00 no Café Airas Nunes de Compostela!
Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog