20 de outubro de 2015

Outubro 2015: "Innovación e cambio no agro galego: a visión do historiador"

Este outubro imos falar de innovación e cambio no agro galego. Ímolo a facer desde o punto de vista dun historiador: Lourenzo Fernández Prieto.

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005 e na actualidade Director do Departamento de Historia Contemporánea e de América. Foi Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Dirixiu diferentes traballos de investigación relacionados coa construción da modernidade en Galicia e o mundo rural e a guerra civil. É membro do consello de redacción de diferentes revistas de investigación histórica e participou en numerosos congresos e coloquios da especialidade. Ademais, dirixe o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia.

Tamén adoita escribir un blogue, ten unha conta de Twitter, e colabora co xornal La voz de Galicia.


Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



As nosas redes

YouTUbe