17 de novembro de 2023

Manuel Gago analiza os mitos da historia de Galicia no ciclo Escépticos no Pub Compostela

O xornalista e divulgador falará este venres 24 de novembro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O ciclo de charlas divulgativas Escépticos no Pub Compostela celebra este venres 24 de novembro a segunda cita do presente curso. O xornalista Manuel Gago, unha das máis relevantes figuras da divulgación do patrimonio cultural en Galicia, falará sobre Mitos, lendas e trolas modernas sobre a historia de Galicia e como recoñecelas. A cita será ás 20.30 horas no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17), e a entrada é gratuíta e aberta a todo o público ata completar capacidade. 

Segundo explica Gago, “o pasado está sempre en construción; o xeito no que o pensamos, ou mesmo nolo inventamos, di máis de nós que do propio pasado, porque reflicte os intereses, conflictos e debates do presente”. 

O ponente explica que “esta charla pretende explorar onde nacen moitas das historias populares que teñen máis éxito entre a poboación, a súa relación máis ou menos distante cos feitos históricos e, sobre todo, os peculiares, singulares e abraiantes camiños cos que conseguiron facerse moi famosas no presente”. 

Manuel Gago (@magago en X/Twitter) é xornalista, divulgador, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega. 

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.



 

Ler máis...
16 de outubro de 2023

Regresa Escépticos no Pub Compostela

As charlas escépticas Escépticos no Pub Compostela regresan a Santiago de Compostela o próximo 27 de outubro ás 20:30h no Airas Nunes Café na Rúa do Vilar 17.

Nesta ocasión, a charla correrá a cargo da bióloga Ana Jiménez Cáceres, que falará sobre «Todo o que deberías preguntar sobre os zoos».


"Es habitual encontrar titulares acerca de 'la verdad sobre los zoos' o 'lo que los zoos no quieren que sepas'", explica Jiménez Cáceres. "En realidad, todos deberíamos hacernos ciertas preguntas antes de decidir si visitamos un centro de este tipo o no, y tenemos la capacidad de comprobar toda esa información relevante por nuestra cuenta para no ahogarnos en mitos peligrosos para los animales".

Ana Jiménez Cáceres (@Mylestring en Twitter) é educadora ambiental, divulgadora científica e especialista en mamíferos mariños. Estudou bioloxía na Universidade de Granada e é membro da asociación de divulgación científica Hablando de Ciencia. É autora do libro «Azúl Vivo» da editorial Libros.com no que analiza a situación dos grises que rodean a polémica dos acuarios e participou na elaboración do libro de divulgación científica sobre xenética titulado «Genes» da editorial Guadalmazán. Dou charlas e participou na organización do evento de divulgación científica «Desgranando Ciencia» de Granada.

Escépticos no Pub Compostela e as charlas escépticas nos bares

Santiago foi a segunda cidade de España na que se introduciron estas charlas nos bares. Comezou en 2010 e asistiron grandes divulgadores e científicos entre os que se atopan o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. Ao longo destes anos impartironse ata 68 charlas. Estas retomanse tras unha pausa de 3 anos motivada pola pandemia e para este ano están previstas sete charlas que terán lugar o último venres de cada mes.

A entrada ás charlas é gratuíta e aberta a todo o público ata completar o aforo.



Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog