6 de febreiro de 2024

O negocio da mentira

 

O especialista en desinformación digital y director de Pandemia Digital falará el venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O 23 de febreiro temos unha nova charla escéptica con @JulianMaciasT, especialista en desinformación dixital e director de @PandemiaDigitaI, que nos falará da desinformación na súa charla "O negocio da mentira".

As noticias falsas compártense 6 veces máis rápido que as noticias reais. Isto é real, pero non depende da veracidade senón da construción dun relato que xere emocións no receptor acorde aos seus prexuízos. A outra clave é a total impunidade ao mentir ou manipular intencionadamente, converténdose nunha práctica usada de maneira industrial en ámbitos, sobre todo na política.

Director de Pandemia Digital. Observatorio contra a desinformación. Especialista en análise de conversas dixitais e campañas de desinformación e actividade non auténtica en redes sociais. Analizando os ataques dixitais á democracia desde o golpe de estado en Bolivia, onde descubrín máis de 100.000 contas falsas creadas nunha semana para apoiar o devandito golpe.

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.




Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico: