11 de novembro de 2026

Búscanse neuronas: O reto de reparar un cerebro enfermo con Jannette Rodríguez

 

Nesta primera charla da tempada 26-27 de EEEP Compostela, Jannette Rodríguez Pallares falará sobre as posibilidades de rexeneración do noso cerebro. Explicará que son as células nai do cerebro, como se comportan e que ocorre con elas no caso de enfermidades neurodexenerativas como o párkinson. Tamén abordará as posibilidades que ofrece a medicina rexenerativa para substituír as neuronas danadas ou perdidas, repasando os avances científicos máis importantes na actualidade, así como os retos e as perspectivas de futuro neste campo.

Jannette Rodríguez Pallares é licenciada en Bioloxía e doutora en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na actualidade é profesora titular da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana da Facultade de Medicina da USC e coinvestigadora principal do Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson (CiMUS, USC).

A súa investigación céntrase no estudo dos mecanismos que provocan a morte das neuronas na enfermidade de Parkinson e na procura de tratamentos alternativos, principalmente no ámbito das células nai, a terapia celular e a medicina rexenerativa.


 Sobre Escépticos no Pub Compostela
Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 90 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán.
Este curso 26-27 levaranse a cabo 8 novas charlas que terán lugar, salvo festividades, o último venres de cada mes no pun Airas Nunes.

 

 

 

Ler máis...

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog