12 de decembro de 2016

Decembro 2016: "Mala ciencia nos medios: maldade ou estupidez?"

En decembro adiantamos a charla. No canto do último venres de cada mes, esta vez será o día 16.

Teremos en Escépticos no PubPablo Linde. Pablo é xornalista en El País, onde está especializado en temas de desenvolvemento, saúde e ciencia. Recentemente gañou o Premio Boehringer de xornalismo en medicina, o Accenture de innovación e o Prisma de divulgación científica.

Falaremos dun tema moi de actualidade: "Mala ciencia nos medios: maldade ou estupidez?"

Vemos constantemente publicadas noticias máis que dubidosas sobre saúde, tecnoloxía ou innovación. Acontece máis nuns medios de comunicación que noutros, pero en última instancia, todos acaban publicando "mala ciencia". Pablo Linde, xornalista de El País, dará ferramentas para identificala e analizará o porqué deste fenómeno: é que os medios queren enganarnos ou simplemente os xornalistas son estúpidos?

Vémonos este venres 16 de decembro no Airas Nunes de Compostela ás 21.00!


Ler máis...
21 de novembro de 2016

Novembro 2016: "Matade ao científico"

O venres 25 de novembro teremos en Escépticos no Pub a Jose A. Pérez Ledo (@mimesacojea). Jose é xornalista, guionista e director de televisión. Foi o creador e director dos programas "Órbita Laika"  e "Ciudad K" emitidos en TVE2. Foi tamén o creador e director de "Escépticos", programa de ETB2. Adoita participar e escribir en varios medios de comunicación. 

A charla ten un título ben peculiar...

Que teñen en común o 15-M, o reiki, os chemtrails, a homeopatía, o movemento antitransxénico, o movemento contra as antenas de móbiles e as bailarinas de striptease? En "Matade o científico", Jose A. Pérez Ledo descóbrenolo con humor e ironía.

Vémonos alí!


Ler máis...
26 de outubro de 2016

Outubro 2016: "Virus, pandemias e pandemonium"

Este venres 28 teremos en Escépticos non Pub ao médico infectólogo Jose Luis Cañada Merino (membro tamén da Fundación Io e do Círculo Escéptico). O título da charla é: "Virus, pandemias ou pandemónium?".

Seguro que moitas veces asaltáronche cuestións, dúbidas ou mitos sobre a gripe, as pandemias, os virus e todo o relacionado coa microbioloxía. Que mellor ocasión para aprender do tema!

O venres 28 de outubro ás 21.00 no Airas Nunes de Compostela.

Alí nos vemos!




Ler máis...
23 de setembro de 2016

Setembro 2016: "Nativos dixitais"

Aínda cando grazas a Internet temos un acceso como nunca antes á información seguimos caendo como chineses nos enganos máis bastos, algo do que tan sequera os supostos nativos dixitais están libres. Na charla tentaremos dar algunhas pautas para non caer nestes enganos.

O venres 30 de setembro ás 21.00 no Airas Nunes de Compostela teremos ao gran Javier Pedreira (AKA Wicho) coautor da web Microsiervos. A charla titularase "Nativos dixitais":


Vémonos alí!

Ler máis...
23 de abril de 2016

Abril 2016: "Nin idade, nin media"

Ninguén con formación historiográfica refírese á Idade Media con símiles e termos denigratorios. Pero, en canto se sae fóra do mundo dos historiadores, é corrente escoitar como se asocia o medieval co escuro, o atrasado, o supersticioso; esta visión tenebrosa coexiste con outra, deformada con filtros idealizados e vinculada ao xénero da fantasía historicista.

Ningunha desas visións acerta. Máis aínda, o uso deses tópicos revela ata que punto é preciso ensinar e transmitir unha historia máis apegada á realidade, máis coidadosa á hora de enmarcarse en categorías, afastada de visións de crecemento lineal ascendente e de loitas entre o ben e o mal, o progreso e a reacción, e outras lecturas igualmente simplificadoras e deformantes. A Historia non expende selos de calidade para a vida de hoxe, non certifica se ten razón unha determinada visión política, non é unha mestra da vida. A Historia é un método de análise do pasado que nos axuda a reflexionar sobre o noso presente e que demostra ata que punto é certa a unidade do xénero humano no espazo e o tempo.

O venres 29 de abril falaremos de escepticismo na Historia con Antonia de Oñate.


Antonia de Oñate (Madrid, 1964) leva máis de trinta anos no mundo das relacións públicas, aínda que a súa formación é de tradutora e historiadora. Especialista en relacións comerciais durante o reinado de Carlos II, desenterróu dos arquivos a unha familia de banqueiros florentinos que, asentados en Madrid, ocupábanse de enviar a Roma o diñeiro da Bula de Cruzada. Os dous anos longos que investiu en seguir os negocios desa familia servíronlle para comprender mellor as relacións tripartitas Monarquía-Papado-Igrexa de España, e para comprobar como o diñeiro recadado para salvar almas terminaba mandando aos corpos á morte, a través do financiamento da guerra. Actualmente traballa sobre un prometedor cartapacio da Inquisición que contén a documentación do proceso contra un home de negocios do século XVII.

Chegou ao escepticismo organizado indignada pola pseudohistoria que poboaba -e poboa- canles de televisión e quioscos de prensa. Socia de ARP-Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico, da que actualmente é Directora Executiva, avoga polo traballo asociado como estratexia de autodefensa contra a superstición e a superchería.

Vémonos o venres!
Ler máis...
18 de marzo de 2016

Marzo 2016: "Sectas 2.0: a orixe emocional da enfermidade"

Hoxe, 18 de marzo teremos unha charla titulada Sectas 2.0: A orixe emocional da enfermidade por Emilio Molina

Faremos un repaso histórico do inicio dunha das pseudoterapias sectarias máis destrutivas que pasou por España, a "Nova Medicina Germánica" e a súa evolución e diseminación no noso país xunto con movementos derivados do mesmo, como a "Biodescodificación" e a "Bioneuroemoción". Ademais de explicar os rumbos que levan a crer nelas e os riscos que supoñen, abordarase tamén que ferramentas de enxeñería social utilizan para a súa infiltración en campos de prestixio presuposto, como Universidades ou Colexios de Saúde.

Recorda que este mes adiantamos a charla unha semana! Vémonos!


Ler máis...
21 de febreiro de 2016

Febreiro 2016: "Como enferma o cerebro? Ciencia e pseudociencia dos trastornos mentais"

Nos últimos tempos a ciencia puxo luz en moitos aspectos dos trastornos mentais. Con todo, aínda hoxe algunhas crenzas populares, místicas ou pseudocientíficas ponderan máis á hora de pensar en trastornos mentais que o racional, creando mitos acerca delas e de como enferma o cerebro. Este mes propoñémonos destruír da man da psiquiatra Iria Veiga moitos deses mitos e enfocar un pouco máis que sabemos hoxe desde o punto de vista científico dos trastornos mentais.

Vémonos alí!

Ler máis...
28 de xaneiro de 2016

Xaneiro 2015: "Mitos alimentarios, desde o biberón á tumba"

O último venres de Xaneiro temos unha charla moi especial. Os mitos acerca dos alimentos están por todas partes: no supermercado, na publicidade, en internet ou nos consellos que ofrecen familiares ou veciños.

O dietista-nutricionista Aitor Sánchez derrubará moitos destes mitos e sen dúbida aprenderemos moitísimas cousas interesantes para cambiar a nosa forma de pensar.

Vémonos alí!


Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog