23 de abril de 2016

Abril 2016: "Nin idade, nin media"

Ninguén con formación historiográfica refírese á Idade Media con símiles e termos denigratorios. Pero, en canto se sae fóra do mundo dos historiadores, é corrente escoitar como se asocia o medieval co escuro, o atrasado, o supersticioso; esta visión tenebrosa coexiste con outra, deformada con filtros idealizados e vinculada ao xénero da fantasía historicista.

Ningunha desas visións acerta. Máis aínda, o uso deses tópicos revela ata que punto é preciso ensinar e transmitir unha historia máis apegada á realidade, máis coidadosa á hora de enmarcarse en categorías, afastada de visións de crecemento lineal ascendente e de loitas entre o ben e o mal, o progreso e a reacción, e outras lecturas igualmente simplificadoras e deformantes. A Historia non expende selos de calidade para a vida de hoxe, non certifica se ten razón unha determinada visión política, non é unha mestra da vida. A Historia é un método de análise do pasado que nos axuda a reflexionar sobre o noso presente e que demostra ata que punto é certa a unidade do xénero humano no espazo e o tempo.

O venres 29 de abril falaremos de escepticismo na Historia con Antonia de Oñate.


Antonia de Oñate (Madrid, 1964) leva máis de trinta anos no mundo das relacións públicas, aínda que a súa formación é de tradutora e historiadora. Especialista en relacións comerciais durante o reinado de Carlos II, desenterróu dos arquivos a unha familia de banqueiros florentinos que, asentados en Madrid, ocupábanse de enviar a Roma o diñeiro da Bula de Cruzada. Os dous anos longos que investiu en seguir os negocios desa familia servíronlle para comprender mellor as relacións tripartitas Monarquía-Papado-Igrexa de España, e para comprobar como o diñeiro recadado para salvar almas terminaba mandando aos corpos á morte, a través do financiamento da guerra. Actualmente traballa sobre un prometedor cartapacio da Inquisición que contén a documentación do proceso contra un home de negocios do século XVII.

Chegou ao escepticismo organizado indignada pola pseudohistoria que poboaba -e poboa- canles de televisión e quioscos de prensa. Socia de ARP-Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico, da que actualmente é Directora Executiva, avoga polo traballo asociado como estratexia de autodefensa contra a superstición e a superchería.

Vémonos o venres!

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog