18 de marzo de 2016
Marzo 2016: "Sectas 2.0: a orixe emocional da enfermidade"
Hoxe, 18 de marzo teremos unha charla titulada Sectas 2.0: A orixe emocional da enfermidade por Emilio Molina.
Faremos un repaso histórico do inicio dunha das pseudoterapias sectarias máis destrutivas que pasou por España, a "Nova Medicina Germánica" e a súa evolución e diseminación no noso país xunto con movementos derivados do mesmo, como a "Biodescodificación" e a "Bioneuroemoción". Ademais de explicar os rumbos que levan a crer nelas e os riscos que supoñen, abordarase tamén que ferramentas de enxeñería social utilizan para a súa infiltración en campos de prestixio presuposto, como Universidades ou Colexios de Saúde.