15 de abril de 2018

Abril 2018: "Vítimas silenciosas ao desamparo legal. #StopPseudoterapias"

Este mes temos dobre sesión de Escépticos no Pub. O venres 27 a nosa convidada será Elena Campos, presidenta da Asociación para Protexer ao Enfermo de Terapias Pseudocientíficas, e investigadora postdoutoral no CBM CSIC.

As pseudoterapias matan pero as súas vítimas non se consideran tales. Falaremos de casos manifestos de vítimas de pseudoterapias e valoraremos a última sentenza do caso Mario Rodríguez, entre outras. Comentaremos a manipulación psicolóxica que sofren as vítimas, polo menos de tipo coercitivo. Discutiremos algúns artigos clave relacionados coas pseudoterapias no noso ordenamento xurídico e legal. E ao fin debateremos se en realidade non se trata tanto dun problema de falta de lexislación, como de falta de aplicación ou permisividade desde os diferentes ámbitos competentes.


Non faltes! Vémonos o venres 27 de abril ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!
Ler máis...
6 de abril de 2018

Abril 2018: "Como non analizar a actualidade internacional"

Hoxe venres 6 de abril ás 21:00 temos charla extraordinaria de Escépticos no Pub Compostela. Estará connosco o escritor e analista de política internacional Miguel Anxo Murado.

É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. É máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.

En 1983 comeza a súa carreira como escritor coa obra Metamorfosis benezianas seguida por Bestiario dos descontentos, Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003), O soño da febre (2007) ou Fin de século en Palestina (2008), entre outras moitas.

Adícase ao xornalismo traballando en numerosos medios. Destaca o seu traballo como correspondente de guerra nos Balcáns.


Vémonos hoxe no Airas Nunes Café de Compostela ás 21:00!

Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog