22 de xaneiro de 2024

Andrés Rodríguez falaranos da situación actual de contaminación por microplásticos no ciclo Escépticos no Pub Compostela

O investigador falará este venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

Os plásticos convertéronse nun elemento indispensable nas nosas vidas. Salváronos na pandemia, usámolos para vestir, etc pero tamén estánse a converter nun residuo que se incrementa cada ano e que xa se acada todos os ecosistemas do mundo. Só agora é que estamos comezando a percebir o seu verdadeiro impacto.

Andrés Rodríguez Seijo (@andresrguez en X/Twitter) é investigador Juan de la Cierva Incorporación na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Desde 2017 tenta estudar o impacto dos microplásticos nos ecosistemas terrestres, tanto nas propiedades fisicoquímicas como na biota. Actualmente está desenvolvendo o seu traballo na avaliación dos impactos antrópicos sobre a biodiversidade do solo.

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.



Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico: