6 de abril de 2018
Abril 2018: "Como non analizar a actualidade internacional"
Hoxe venres 6 de abril ás 21:00 temos charla extraordinaria de Escépticos no Pub Compostela. Estará connosco o escritor e analista de política internacional Miguel Anxo Murado.
É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. É máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.
En 1983 comeza a súa carreira como escritor coa obra Metamorfosis benezianas seguida por Bestiario dos descontentos, Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003), O soño da febre (2007) ou Fin de século en Palestina (2008), entre outras moitas.
Adícase ao xornalismo traballando en numerosos medios. Destaca o seu traballo como correspondente de guerra nos Balcáns.
Vémonos hoxe no Airas Nunes Café de Compostela ás 21:00!