15 de maio de 2018

Maio 2018: "Desmontando mitos sobre a sexualidade humana"


Chega xa a última charla deste curso!

O contido da charla vai dirixido a desmontar, sempre desde a rigorosidade, a experiencia clínica e o sentido do humor, os mitos, falsas crenzas e prexuízos que prexudican tanto a comprensión da sexualidade como a súa vivencia. Ideas tales como que o tamaño importa, que existen diferentes tipos de orgasmo e que a Viagra feminina é a solución a todos os problemas da falta de desexo feminino, serán derrubadas nesta charla.

A nosa relatora será Laura Morán. É psicóloga por vocación, sexóloga e terapeuta familiar e de parella por convicción. Tras licenciarse en Psicoloxía na Universidade de Deusto, especializouse en Terapia Familiar e de Parella. Posteriormente formouse en Sexoloxía ao comprobar na súa práctica profesional a cantidade de dificultades individuais e de parella que teñen que ver coa sexualidade humana. Exerce a psicoterapia con adolescentes, adultos, parellas e familias, á vez que divulga e imparte talleres de diversas temáticas. Ademais ten un blog e podes seguila en Twitter.


Vémonos o venres 25 de maio ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela!

0 comentarios:

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



As nosas redes

YouTUbe