18 de xuño de 2013

Octava edición EEEP Compostela


Llegamos a final de temporada y como colofón a esta serie de magníficas charlas tenemos un invitado de altura, como merece la ocasión. Nada menos que Xurxo Mariño, que traerá hasta Escépticos en el Pub Compostela un tema de gran actualidad y que preocupa a muchos, el de las radiaciones, los teléfonos móviles y si nos exponemos a riesgos para la salud por su uso.
Xurxo nos hablará el viernes 28 de junio a las 21:00 h como siempre en Kunsthalle (Rúa da Conga, 8). El título de su charla es:
“RADIACIÓN, TELÉFONOS MÓBILES E SAÚDE”
Su autor nos introduce el tema de la siguiente manera:
O desenvolvemento extraordinario da telefonía móbil e da tecnoloxía asociada ao seu uso, ten orixinado un certo temor na poboación menos informada, algo bastante común ao longo da historia cos produtos do desenvolvemento técnico. Neste caso, o medo á radiación dos teléfonos móbiles e das súas antenas de cobertura é simplemente produto da falta de coñecemento e de cultura científica da poboación, alimentada polo afán sensacionalista dos medios de comunicación e o ánimo de lucro dalgúns delincuentes que sosteñen ese temor para vender supostos aparatos anti-radiación. Todos eses temores disípanse cunha ollada ao coñecemento que nos ofrece a Física sobre a materia e a enerxía.
Na charla describirei algúns principios básicos sobre a organización da materia e a enerxía no universo, segundo o modelo estándar da Física actual. A continuación describirei como pode esa enerxía afectar aos tecidos vivos, especialmente ao cerebro, con algúns exemplos de experimentos nos que se somete o sistema nervioso a doses altas de radiación electromagnética ou a campos magnéticos moi intensos.
A conclusión é que, aínda que a radiación electromagnética interacciona coa materia (non pode non facelo), a frecuencia e a intensidade utilizada tanto polos teléfonos móbiles como polas antenas que dan cobertura, non poden causar, ata onde sabemos, problemas de saúde nos tecidos humanos.
No te lo puedes perder. Y recuerda, esta será la última charla antes del descanso veraniego, pero Escépticos en el Pub Compostela volverá de nuevo tras el verano.
¡Nos vemos!

0 comentarios: