22 de novembro de 2013

¿Quién es el décimo ponente de EEEP Compostela?


Anxo Álvarez Iglesias (Santiago de Compostela, 1968) é Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña (1995) e Especialista en Servizos Telemáticos/Posgrao en Telemática  pola Universidade da Coruña e Centro de Estudos Caixa Galicia (1998).
Sen iniciar seus estudos universitarios, comezou súa actividade profesional no mundo das Tecnoloxías da Información en 1990 e dende finais de 1998 especializouse en Seguridade en Sistemas de Información desenrolando ata actualidade diversos traballos e proxectos en diferentes  sectores.
Entre 2000 e 2003 dirixiu a primeira e única compañía en Galicia que tiña un enfoque orientado a prestar servizos de Certificación Electrónica  e Firma Dixital (Unicom). Pero ante un mercado inmaturo e unha indefinición en materia lexislativa, o proxecto finalmente non continuou adiante.
O longo de súa traxectoria profesional colaborou como profesor en diferentes Másters na Universidade de Santiago de Compostela (Máster en Comercio Electrónico - 2001) e na Universidade da Coruña (Máster en Seguridade Técnica e Legal en Internet - 2002) e durante o período 2002-2004 compaxinou súa labor no sector privado  como profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela.
Ten escrito artigos técnicos para publicacións do sector (revista SIC) e colaborado e participado en diferentes foros tecnolóxicos (eGallaecia, Galicia TIC, APD, Inforensino).
Nos últimos 5 anos aproximouse o mundo de ciberdelincuencia, ciberataques e a seguridade en Internet onde actualmente desenrola súa actividade profesional. A diferenza de outros profesionais e “actores” do sector da Seguridade nas Tecnoloxías da Información, entende que no mesmo (o igual que na  seguridade do “mundo físico”) o anonimato é una medida máis de defensa polo que considera que non é relevante e sobre todo conveniente indicar onde, para quen traballa e que fai en concreto na actualidade.

0 comentarios:

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog