22 de novembro de 2019
Novembro 2019: "A telefonía 5G e a túa saúde"
Desde a primeira xeración de telefonía móbil, sucedéronse os anuncios
alarmistas dos perigos desta tecnoloxía. Efectos terribles sobre a
aprendizaxe e crecemento en nenos, hipersensibilidade electromagnética ou cancro, son algúns dos efectos que levan décadas
anunciándonos pero que, porén nunca se demostraron. Ás portas da implantación da
quinta xeración, 5G, os anuncios apocalípticos tornan de novo. Será o 5G diferente ao actual 4G?
Que ofrece e como funciona? Como é normal, preocupan os posibles
efectos sobre a saúde dunha tecnoloxía que non se probou de forma
xeneralizada en humanos.
O noso relator será Alberto Nájera. Nado en Salamanca. Licenciado en Física e Doutor en Neurociencias pola Universidade de Salamanca. É profesor da área de Radioloxía e Medicina Física na Facultade de Medicina de Albacete da Universidade de Castela-A Mancha desde 2001. É autor e coautor de numerosos artigos científicos, libros, capítulos de libros e comunicacións científicas en congresos nacionais e internacionais. Desde 2009 dirixe un equipo de investigación que se centra no estudo da exposición humana a ondas electromagnéticas de radiofrecuencia, isto é, fundamentalmente de móbiles, wifi, radio, televisión, etc.
Se non puideches vir ou che gustaría volver ver a charla, aquí tes o vídeo na nosa canle de YouTube.

Subscribirse a:
Publicar comentarios
(Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario