7 de decembro de 2018
Decembro 2018: «O transporte do futuro, vaia engano?»

Ollo! Este mes adiantamos a charla e cambiamos o noso horario habitual polo venres 14 ás 17:00. Apúntao no calendario ou na túa axenda!
Falaremos do transporte do futuro. Prometéronnos coches voadores e todo o que temos é Facebook, pero o
futuro do transporte prevese interesante —desde coches que se conducen
sós ata cápsulas por tubos ao baleiro ou mesmo foguetes suborbitais para
chegar a calquera lugar do planeta en menos de dúas horas. Porén,...
27 de novembro de 2018
Novembro 2018: «Escépticos ante o cánnabis»

Este mes a charla é sobre un tema moi interesante e que adoita xerar polémica...
Sobre o cánnabis se teñen construído unha pléiade de mitos, moitos deles intencionados. A publicidade cannábica alega propiedades que poría corado a calquera seudoterapia. Nesta chala coñeceremos como se foi modificando a planta nas últimas décadas, os efectos do THC no sistema nervioso, os usos terapéuticos, os tipos de consumo ou a prevención baseada na evidencia.
O...
22 de outubro de 2018
Outubro 2018: «Que é un escéptico e que pinta nun pub?»

Tras seis anos de Escépticos no Pub Compostela, chegou o momento de facer un alto no camiño para reflexionar co noso público. Que é isto do escepticismo? Estes «escépticos», gozan amolando a xente que ten ideas orixinais? Son uns listos que buscan notoriedade? Teñen algún obxectivo? Se é así, lograron algún? Que vén despois? Que preguntas deberíanse expor aos escépticos? Utilizan as mellores ferramentas para informar? Ningunha destas preguntas nin...
17 de setembro de 2018
Setembro 2018: "Dous días de outubro. Que aprendemos sobre incendios forestais en 2017"

Chega setembro e comezamos un novo curso de charlas!
A primeira versará sobre un tema moi importante en Galicia: os incendios forestais. Fai algo menos dun ano, en outubro de 2017, varios incendios asolaron Galicia, afectando de maneira especial ás provincias de Ourense e Pontevedra. Na nosa primeira charla deste curso reflexionaremos sobre aqueles días e que podemos aprender daquela catástrofe.
O noso relator é Juan Picos Martín (Madrid, 1971),...
15 de maio de 2018
Maio 2018: "Desmontando mitos sobre a sexualidade humana"

Chega xa a última charla deste curso!
O contido da charla vai dirixido a desmontar, sempre desde a rigorosidade, a experiencia clínica e o sentido do humor, os mitos, falsas crenzas e prexuízos que prexudican tanto a comprensión da sexualidade como a súa vivencia. Ideas tales como que o tamaño importa, que existen diferentes tipos de orgasmo e que a Viagra feminina é a solución a todos os problemas da falta de desexo feminino, serán derrubadas...
15 de abril de 2018
Abril 2018: "Vítimas silenciosas ao desamparo legal. #StopPseudoterapias"

Este mes temos dobre sesión de Escépticos no Pub. O venres 27 a nosa convidada será Elena Campos, presidenta da Asociación para Protexer ao Enfermo de Terapias Pseudocientíficas, e investigadora postdoutoral no CBM CSIC.
As pseudoterapias matan pero as súas vítimas non se consideran tales. Falaremos de casos manifestos de vítimas de pseudoterapias e valoraremos a última sentenza do caso Mario Rodríguez, entre outras. Comentaremos a manipulación...
6 de abril de 2018
Abril 2018: "Como non analizar a actualidade internacional"

Hoxe venres 6 de abril ás 21:00 temos charla extraordinaria de Escépticos no Pub Compostela. Estará connosco o escritor e analista de política internacional Miguel Anxo Murado.
É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. É máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.
En 1983 comeza a súa carreira como...
14 de febreiro de 2018
Febreiro 2018: "Paradoxos, miraxes e amizades perigosas"

Sen dúbida a aparición da Internet e as redes sociais virtuais cambiaron radicalmente a vida de case todos. Na maioría dos aspectos para ben e nalgún que outro non tanto. Do que non hai dúbida é de que o uso destas novas formas de comunicación humana proporciónannos unha cantidade inxente de datos, a pegada dixital, que nos permiten analizar comportamentos sociais que antes só intuíanse. Imos analizar un pouco que podemos coñecer a partir destes...
19 de xaneiro de 2018
Xaneiro 2018: "Facer ciencia nun búnker? Arqueoloxía da guerra civil para escépticos"

Comezamos novo ano en Escépticos no Pub. Na primeira charla de 2018 exporemos unha serie de microhistorias arqueolóxicas sobre a Guerra Civil Española a partir da nosa experiencia dos últimos anos en escavacións de escenarios do conflito. A partir de obxectos humildes e anónimos do cerco feixista de Madrid, da batalla de Belchite, dos combates en Euskadi e Asturias, da batalla do Ebro ou da loita guerrilleira na Galicia da posguerra procuramos desartellar...
Subscribirse a:
Publicacións
(Atom)