9 de decembro de 2019
Decembro 2019: "Políticas climáticas, big data e economía"

En decembro, no canto do noso habitual último venres de mes, teremos a charla o venres 13.
O título da charla será "Políticas climáticas, big data e economía" e a relatora será a economista María Loureiro. É licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de
Compostela (USC), con estudos de máster e doutorado pola Washington
State University (EUA). Actualmente é Catedrática de Universidade no
Departamento de Fundamentos de Análise...
22 de novembro de 2019
Novembro 2019: "A telefonía 5G e a túa saúde"

Desde a primeira xeración de telefonía móbil, sucedéronse os anuncios
alarmistas dos perigos desta tecnoloxía. Efectos terribles sobre a
aprendizaxe e crecemento en nenos, hipersensibilidade electromagnética ou cancro, son algúns dos efectos que levan décadas
anunciándonos pero que, porén nunca se demostraron. Ás portas da implantación da
quinta xeración, 5G, os anuncios apocalípticos tornan de novo. Será o 5G diferente ao actual 4G?
Que ofrece...
12 de outubro de 2019
Outubro 2019: "Quero crer"

Nova charla de Escépticos Compostela o venres 25 de outubro ás 21:00 no Airas Nunes Café. Nesta ocasión falaremos do fenómeno OVNI!
"Quero crer" ("I want to believe") é a famosa sentenza do póster favorito de Fox Mulder, pode que o maior abandeirado no fenómeno OVNI. Pero prefires "querer crer" ou saber? Falaremos de casos OVNI galegos investigados polo noso convidado, de vida extraterrestre, e do que hai de ciencia detrás do tema que por incrible...
19 de setembro de 2019
Setembro 2019: "Ecosistemas humanos nas Rías Baixas"

Tiñamos moitas ganas de volver! En setembro comezamos o curso 2019-20 de
charlas en Escépticos Compostela! E ímolo a facer falando dun tema que
non adoitamos tratar acotío: arquitectura e ecosistemas humanos.
Ecosistemas humanos nas Rías Baixas
Nos últimos 60-70 anos o territorio das Rías Baixas experimentaron varias “actualizacións territoriais” moi intensas, potentes... cada un foi un tsunami urbanizador.
Un territorio rural + outro industrial...
10 de maio de 2019
Maio 2019: "Pódese ser vexetariano e escéptico? (Ou estóurache a cabeza?)"

A charla de maio adiántase do último venres de mes ao venres 24, e falaremos de vexetarianismo!
Trataremos de mostrar que a dieta vexetariana é totalmente compatible cunha actitude escéptica, e para iso desvincularémola de ideas pseudocientíficas que confunden (desde a paleodieta á macrobiótica, pasando polo «mundo eco»). Revisaremos a falacia naturalista que dá pé tanto á defensa do vexetarianismo mesiánico como ao carnismo sen complexos....
16 de abril de 2019
Abril 2019: "Big Data e medicina personalizada na sociedade dixital"

O venres 26 de abril falaremos do ouro do noso tempo: os conxuntos de datos persoais. Alimentan a nosa sociedade altamente dixitalizada e permiten que
terceiros —tanto a iniciativa pública como privada— os correlacionen
e efectúen patróns do noso comportamento para predicir condutas e mellorar a toma de decisións, pero, sobre ou connosco?
Analizaremos os
beneficios e os riscos da sociedade dixital e como a medicina
personalizada pola que aposta...
16 de marzo de 2019
Marzo 2018: "Modernidade e apagón na Universidade Galega 1900-1940"

O venres 29 de marzo achegarémonos a un episodio pouco coñecido da historia da ciencia en Galicia. A principios do século XX a modernidade chegou á Universidade de Santiago de Compostela con Cadarso e a estela da Junta de Ampliación de Estudios (JAE). Ata que chegou o "apagón" da guerra e a ditadura.
As primeiras promocións de docentes que viaxaron a Europa coas bolsas da JAE, a nova lexislación para a formación universitaria e a creación do Ministerio...
14 de febreiro de 2019
Febreiro 2018: «A ti págache Monsanto»

«A ti págache Monsanto» é unha chiscadela á realidade que
sufrimos os que baseamos os nosos argumentos en datos científicos e
obxectivos. Pero non uns datos calquera, non, son uns datos que avalan
avances xerados pola industria farmacéutica ou alimentaria aos que
certos grupos temen tanto como odian. Desenmascararemos aos Imperios,
contaremos a verdade destas industrias... e de quen di que o obxectivo
dos avances da ciencia é acabar connosco....
15 de xaneiro de 2019
Xaneiro 2018: "Cres que comes ben?"

Comezamos 2018 en Escépticos no Pub Compostela cunha charla sobre alimentación.
Cres que comes ben? A verdade é que alimentarse axeitadamente é fácil... ou polo menos debería selo, tendo en conta que temos ao noso alcance máis información que nunca. Porén, cando se trata de alimentación a maioría da xente atópase bastante desorientada (por non dicir completamente perdida). Que motivos explican esta situación e que pode facerse para remediala?
O...
Subscribirse a:
Publicacións
(Atom)