1 de outubro de 2024

Conectad@s: redes sociais, pantallas e hiperconexión dende a perspectiva da saúde mental

 

 

 

Esta charla pretende diferenciar o que sabemos dende o coñecemento científico sobre como a sociedade actual hiperconectada afecta á nosa saúde mental e desmentir falsos mitos que se repiten constantemente nos medios, especialmente o emprego do termo "adicción" de xeito indiscriminado asociado ás tecnoloxías (adicción ás pantallas, ás redes sociais, aos videoxogos...).

Iria Veiga

Iria Veiga (Ferrol, 1981). Médica psiquiatra e divulgadora científica. Exerzo a psiquiatría no Hospital Psiquiátrico de Conxo e colaboro cunha columna de opinión na que falo sobre ciencia en Nós Diario. Intervín en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizamos entrevistas e conversas sobre ciencia. Esta é a segunda vez que participo en Escépticos no Pub Compostela e aínda así pareceulles boa idea volverme chamar (mentira, chameinos eu).Tamén realizo actividades de divulgación sobre saúde mental en centros de ensino.

Sobre Escépticos no Pub Compostela

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 80 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. 

Este curso 23-24 levaranse a cabo 9 novas charlas que terán lugar, salvo festividades, o último venres de cada mes.

 


 


 

 

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog