Falemos da divulgación da ciencia
A responsable de cultura científica e comunicación institucional en proxectos desenvolvidos desde diversos centros de investigación Natalia Ruiz Zelmanovitch falará da divulgación da ciencia el venres 31 de maio, ás 20:30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17)
O 31 de maio temos nova charla escéptica na que a responsable de cultura científica e comunicación institucional Natalia Ruiz Zelmanovitch (@bynzelman) falaranos da divulgación da ciencia na súa charla «Falemos da divulgación da ciencia»
Facer un fío en twitter (agora X) convérteche en divulgador/a? Ou dar moitas veces a mesma charla sobre un tema que coñeces ben? Ou escribir un libro sisudo? Ou seica é necesario que sexa o teu medio de vida? En realidade... que é ser divulgador/a? Algen o sabe con absoluta certeza? E o máis importante: quen dá os carnés de divulgador/a?! A ver, tampouco é que vaiamos resolver todas estas dúbidas nun día, pero se vés... seguro que che sorprenderás (toma charlabait!).
Natalia Ruiz Zelmanovitch ten máis de 20 anos de experiencia como responsable de cultura científica e comunicación institucional en proxectos desenvolvidos desde diversos centros de investigación. Apaixonada por aprender da nobre arte de mesturar ciencia e teatro, cre tamén que quen traballa en ciencia deberían coñecer máis sobre os seus dereitos e non confundir a vocación con renunciar a unhas condicións laborais dignas.
Tenta compaxinar todo isto nun triplo salto (esperemos que non mortal) coa esperanza de deixar algo de pouso e transcender polas súas perrucas, a súa falsete e as súas actuacións mamarrachas coa súa partenaire, o brillante astrocoplero Manuel González.
Sobre Escépticos no Pub Compostela
Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.
0 comentarios:
Publicar un comentario