20 de marzo de 2025

O coche do futuro será de hidróxeno? con Suqui Castro

Se cho conta unha química de materiais… polo menos terás argumentos para cuñadear nas xuntanzas de Nadal

De que vai:

Dos coches de hidróxeno vense falando dende hai décadas, pero ¿por que non estamos a ver máis pola rúa? Como funcionan e cales son as vantaxes e desvantaxes que pode presenta este tipo de enerxía?

 Socorro Castro García

 Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente profesora  titular de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.

Pertence o grupo de investigación “udcsólidos”, integrado no CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía)

A súa investigación céntrase dentro do campo da Química do Estado Sólido e Materiais,  e os principais resultados recóllense en múltiples publicacións científicas e comunicacións en congresos nacionais e internacionais, un par de patentes e 8 teses de doutoramento dirixidas. Ten participado en numerosos proxectos de investigación, sempre interdisciplinares, no campo do Materiais Funcionais e Multifuncionais. Realizou estadías de investigación, e ten colaboracións científicas en varias universidades parisinas e na estadounidense Universidade de Berkeley. Síntese especialmente satisfeitas de ter recibido recentemente, xunto cos restos dos membros do equipo de investigación no que traballa, o Premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada 2024 da Real Academia Galega de Ciencias, polo proxecto “Novos materiais e tecnoloxías en estado sólido “made in Galicia” para sistemas de refrixeración e calefacción máis seguros, eficientes e sostibles”.

Destaca o seu interese no campo das artes e das ciencias, plasmado en colaboracións cun grupo da Escola Superior Nacional de Artes Decorativas de París en torno á impresión 3D de porcelana, e na organización do proxecto de residencias artísticas nun centro de investigación CICAGallery.

Destaca o seu compromiso coa comunicación e divulgación científica en entornas académicos e extra-académicas.


  Sobre Escépticos no Pub Compostela

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 90 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán.

Este curso 24-25 levaranse a cabo 9 novas charlas que terán lugar, salvo festividades, o último venres de cada mes. O noso novo local é a cafetería do Hotel Comopostela na Praza de Galicia. 

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog