20 de febreiro de 2025

Onde estaban as grandes mulleres arquitectas? con "El Barroquista" Miguel Ángel Cajigal

 

Unha frase popular di que "detrás dun grande home sempre hai unha grande muller", pero nesta conversa escéptica descubriremos que detrás dos maiores arquitectos do século pasado houbo mulleres das que se aproveitaron.

Miguel Ángel Cajigal Vera é historiador da arte, profesor e comunicador cultural. Baixo a marca “El Barroquista” mantén un activo perfil de divulgación, polo cal foi recoñecido co Premio EDE como Mellor Educador Dixital de España na categoría de Historia en 2022 e ven de ser finalista nos Premios Zapping como Mellor Comunicador na Rede. Colabora no programa Galicia por Diante da Radio Galega, en Julia en la Onda de Onda Cero e no formato de divulgación histórica El Condensador de Fluzo de RTVE. É autor dos libros “Otra historia del arte” (2021) e “Otra historia de la arquitectura” (2023), publicados por Penguin Random House.

 

 

 Sobre Escépticos no Pub Compostela

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 90 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán.

Este curso 24-25 levaranse a cabo 9 novas charlas que terán lugar, salvo festividades, o último venres de cada mes. O noso novo local é a cafetería do Hotel Comopostela na Praza de Galicia.   

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog