O negocio da mentira
O especialista en desinformación digital y director de Pandemia Digital falará el venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17)
O 23 de febreiro temos unha nova charla escéptica con @JulianMaciasT, especialista en desinformación dixital e director de @PandemiaDigitaI, que nos falará da desinformación na súa charla "O negocio da mentira".
As noticias falsas compártense 6 veces máis rápido que as noticias reais. Isto é real, pero non depende da veracidade senón da construción dun relato que xere emocións no receptor acorde aos seus prexuízos. A outra clave é a total impunidade ao mentir ou manipular intencionadamente, converténdose nunha práctica usada de maneira industrial en ámbitos, sobre todo na política.
Director de Pandemia Digital. Observatorio contra a desinformación. Especialista en análise de conversas dixitais e campañas de desinformación e actividade non auténtica en redes sociais. Analizando os ataques dixitais á democracia desde o golpe de estado en Bolivia, onde descubrín máis de 100.000 contas falsas creadas nunha semana para apoiar o devandito golpe.
Sobre Escépticos no Pub Compostela
Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.
Andrés Rodríguez falaranos da situación actual de contaminación por microplásticos no ciclo Escépticos no Pub Compostela
O investigador falará este venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17)
Os plásticos convertéronse nun elemento indispensable nas nosas vidas. Salváronos na pandemia, usámolos para vestir, etc pero tamén estánse a converter nun residuo que se incrementa cada ano e que xa se acada todos os ecosistemas do mundo. Só agora é que estamos comezando a percebir o seu verdadeiro impacto.
Andrés Rodríguez Seijo (@andresrguez en X/Twitter) é investigador Juan de la Cierva Incorporación na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Desde 2017 tenta estudar o impacto dos microplásticos nos ecosistemas terrestres, tanto nas propiedades fisicoquímicas como na biota. Actualmente está desenvolvendo o seu traballo na avaliación dos impactos antrópicos sobre a biodiversidade do solo.
Sobre Escépticos no Pub Compostela
Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.
Manuel Gago analiza os mitos da historia de Galicia no ciclo Escépticos no Pub Compostela
O xornalista e divulgador falará este venres 24 de novembro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17)
O ciclo de charlas divulgativas Escépticos no Pub Compostela celebra este venres 24 de novembro a segunda cita do presente curso. O xornalista Manuel Gago, unha das máis relevantes figuras da divulgación do patrimonio cultural en Galicia, falará sobre Mitos, lendas e trolas modernas sobre a historia de Galicia e como recoñecelas. A cita será ás 20.30 horas no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17), e a entrada é gratuíta e aberta a todo o público ata completar capacidade.
Segundo explica Gago, “o pasado está sempre en construción; o xeito no que o pensamos, ou mesmo nolo inventamos, di máis de nós que do propio pasado, porque reflicte os intereses, conflictos e debates do presente”.
O ponente explica que “esta charla pretende explorar onde nacen moitas das historias populares que teñen máis éxito entre a poboación, a súa relación máis ou menos distante cos feitos históricos e, sobre todo, os peculiares, singulares e abraiantes camiños cos que conseguiron facerse moi famosas no presente”.
Manuel Gago (@magago en X/Twitter) é xornalista, divulgador, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.
Sobre Escépticos no Pub Compostela
Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.
Regresa Escépticos no Pub Compostela
As charlas escépticas Escépticos no Pub Compostela regresan a Santiago de Compostela o próximo 27 de outubro ás 20:30h no Airas Nunes Café na Rúa do Vilar 17.
Nesta ocasión, a charla correrá a cargo da bióloga Ana Jiménez Cáceres, que falará sobre «Todo o que deberías preguntar sobre os zoos».
Escépticos no Pub Compostela e as charlas escépticas nos bares
Febreiro 2020: «Realidades LGTBIQA+ en ciencia»
Xaneiro 2020: "Pseudociencia en televisión: ¿Nos la tragamos más?"
Se non puideches vir ou che gustaría volver ver a charla, aquí tes o vídeo na nosa canle de YouTube.
Decembro 2019: "Políticas climáticas, big data e economía"
En decembro, no canto do noso habitual último venres de mes, teremos a charla o venres 13.
O título da charla será "Políticas climáticas, big data e economía" e a relatora será a economista María Loureiro. É licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con estudos de máster e doutorado pola Washington State University (EUA). Actualmente é Catedrática de Universidade no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da USC. Anteriormente foi profesora na Universidade Estatal de Colorado (EUA) e profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid, volvendo á USC da man do Programa Ramón y Cajal en 2004. O seu campo de especialización é a economía ambiental e dos recursos naturais. É IP do grupo de investigación ECO-IURIS da USC, catalogado dentro de grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia. Ata agora dirixiu 7 teses de doutoramento, 8 teses ou traballos de fin de grao e participou en numerosos proxectos de investigación e transferencia de coñecemento, tanto nacionais como internacionais. En canto á súa actividade de transferencia de coñecemento, os seus últimos anos foron especialmente marcados polo traballo de valoración dos impactos ambientais causados polo buque Prestige que foi presentado como experto económico pola Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia, no xuízo que tivo lugar na Audiencia Provincial de A Coruña en 2013. Este feito permitiu por primeira vez en España valorarse con técnicas de economía ambiental e solicitude da compensación da Fiscalía segundo o dano causado.
Se non puideches vir ou che gustaría volver ver a charla, aquí tes o vídeo na nosa canle de YouTube.
Novembro 2019: "A telefonía 5G e a túa saúde"
O noso relator será Alberto Nájera. Nado en Salamanca. Licenciado en Física e Doutor en Neurociencias pola Universidade de Salamanca. É profesor da área de Radioloxía e Medicina Física na Facultade de Medicina de Albacete da Universidade de Castela-A Mancha desde 2001. É autor e coautor de numerosos artigos científicos, libros, capítulos de libros e comunicacións científicas en congresos nacionais e internacionais. Desde 2009 dirixe un equipo de investigación que se centra no estudo da exposición humana a ondas electromagnéticas de radiofrecuencia, isto é, fundamentalmente de móbiles, wifi, radio, televisión, etc.
Se non puideches vir ou che gustaría volver ver a charla, aquí tes o vídeo na nosa canle de YouTube.







