19 de abril de 2017
Abril 2017: "Ver para non crer"
Este abril temos unha charla ben interesante. O xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron fará un percorrido pola historia da visión e o coñecemento para demostrar que o escepticismo ben entendido comeza polos nosos propios ollos. O autor de El ojo desnudo profundará nos rumbos perceptivos inducidos polo propio sistema visual e na forma en que os propios científicos foron vítimas destes enganos durante séculos.
Antonio é cofundador dunha das plataformas de divulgación científica máis importantes do país: Naukas.com, e desde setembro de 2003 publica o blog Fogonazos. Traballou como editor de ciencia en diferentes medios de prensa, radio e televisión e actualmente é redactor xefe de Next, a sección de Ciencia de Vozpopuli.com Tamén colabora coa revista Quo e o programa "Te doy mi palabra" de Onda Cero. Un dos seus traballos máis coñecidos foi a sección "La demostración" no programa de divulgación científica Órbita Laika, na 2 de Televisión Española, presentado por Angel Martín. É copresentador do podcast de divulgación Catástrofe Ultravioleta.
Podes ler a súa biografía completa aquí.
O venres 28 de abril ás 21:00 no Café Airas Nunes de Compostela!
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario