14 de decembro de 2017

Decembro 2017: "De astros e castros, como a astronomía axuda á arqueoloxía"

Este venres 15 de decembro teremos unha charla moi interesante, porque sen saír de Compostela viaxaremos desde os castros ata os astros, aprenderemos como a astronomía pode axudar á arqueoloxía. Desde os planetas extrasolares ao Bosón de  Higgs ou aos modelos cosmolóxicos, a astronomía fascina á nosa sociedade. Pero a nosa non foi a única que viu o ceo como unha fonte de seguridade fronte ás súas dúbidas e problemas cotiáns e así o estudo do...
Ler máis...
21 de novembro de 2017

Novembro 2017: "Qué pode aportar a ciencia ao feminismo?"

"Que pode aportar a ciencia ao feminismo?" Análise social desde a perspectiva da selección sexual e a súa influencia na mente humana. A utilización dos coñecementos obtidos desde a ciencia para entender o comportamento humano é algo que observamos en moitas áreas, desde a psiquiatría ata a economía. Pero a unificación da etoloxía e a bioloxía evolutiva para entender e aplicar medidas en problemas que afectan á sociedade é algo que levamos tentando...
Ler máis...
19 de outubro de 2017

Outubro 2017: "Economía e pseudociencia"

Xa temos preparada a charla de outubro! Este mes falaremos de economía. De catro aspectos que distorsionan, por dicilo mainamente, a realidade da investigación económica. Un é o xeito en que calquera discurso aparentemente coherente pasa a ser crido sen crítica por unha banda da sociedade por motivos seguramente ideolóxicos. O segundo aspecto refírese á toma de decisións de políticas económicas polos poderes públicos que non se basean en evidencias...
Ler máis...
19 de setembro de 2017

Setembro 2017: "En busca da fonte da eterna xuventude"

Comezamos novo curso de charlas en Escépticos no Pub Compostela, e o facemos falando da fonte da eterna xuventude: Un dos soños recorrentes ao longo da historia da humanidade foi o de bater á natureza e facernos donos do noso destino, fuxindo con iso da morte. Multitude de lendas soñaron a posibilidade de gozar da eterna xuventude, conseguindo a inmortalidade. Desde a expansión do método científico no ámbito da medicina moderna,...
Ler máis...
24 de maio de 2017

Xuño 2017: "Afecta a contaminación luminosa á nosa saúde?"

Cambiamos nesta ocasión o noso tradicional último venres de cada mes. Pasamos a charla do último venres de maio ao venres 16 de xuño, e falaremos de contaminación luminosa. A luz artificial é un dos mellores inventos da humanidade. O seu constante progreso tecnolóxico liberounos das ataduras impostas polos ciclos naturais de luz e escuridade, permitindo extender as nosas actividades no espazo e no tempo. Porén, cada vez son máis as voces que alertan...
Ler máis...
19 de abril de 2017

Abril 2017: "Ver para non crer"

Este abril temos unha charla ben interesante. O xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron fará un percorrido pola historia da visión e o coñecemento para demostrar que o escepticismo ben entendido comeza polos nosos propios ollos. O autor de El ojo desnudo profundará nos rumbos perceptivos inducidos polo propio sistema visual e na forma en que os propios científicos foron vítimas destes enganos durante séculos. Antonio é cofundador...
Ler máis...
24 de marzo de 2017

Marzo 2017: "A educación e os seus mitos"

A educación é un campo de coñecemento co que todos estamos familiarizados. Todos fomos alumnos, algúns durante moitos anos. De feito, algúns seguimos sendo alumnos á vez que pais de alumnos e poida que mesmo profesores. Por iso todos sentimos cómodos opinando sobre temas educativos e "arranxando" os seus problemas á primeira oportunidade. Pero ata que punto aquilo que damos por sentado en educación é real e non unha apreciación convertida xa non...
Ler máis...
19 de febreiro de 2017

Febreiro 2017: "Os científicos tamén choran"

Eureka! Nun mundo ideal os científicos cando fan un descubrimento relevante o publican en revistas especializadas para achegar o seu coñecemento á humanidade. Pero se ollamos de preto a vida actual dos investigadores atopámonos con revistas depredadoras, artigos que ninguén le, investigacións irreproducibles, monopolios editoriais, piratas, egos, roubo de méritos e ata guerras de patentes. Benvidos ao selvático mundo da investigación real que poucas...
Ler máis...
20 de xaneiro de 2017

Xaneiro 2017: "Cribado en cancro de mama, unha mirada crítica"

O día 27 de xaneiro propoñémosche unha charla moi interesante, desas que animan a pensar e a eliminar datos preconcibidos: "Cribado en cancro de mama: unha mirada crítica" Desde a súa aparición, os programas de cribado de cancro, especialmente o máis famoso deles, o cribado de cancro de mama por mamografía, gozaron dunha alta popularidade, impulsada polas fortes campañas de promoción institucionais que sementaron no noso acervo colectivo o...
Ler máis...

Buscar neste blog

Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico:



Arquivo do blog